Urraca de Castela
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1186 (Gregoriano) ![]() Reino de Castela ![]() |
Morte | 2 de novembro de 1220 (Gregoriano) ![]() Coímbra ![]() |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Alcobaça ![]() |
Raíña de Portugal | |
1211 – 1220 ← Doce de Aragón – Mécia Lopes de Haro (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Castela Reino de Portugal ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Outro![]() | |
Título | Raíña de Portugal (1211–1220) Infanta of Castile (en) ![]() ![]() |
Familia | Casa de Borgoña ![]() |
Cónxuxe | Afonso II de Portugal (1206 (Gregoriano)–1220 (Gregoriano)), morte |
Fillos | Sancho II de Portugal, Leonor de Portugal (pt) ![]() ![]() ![]() |
Pais | Afonso VIII de Castela ![]() ![]() |
Irmáns | Henrique I de Castela, Berenguela de Castela, Branca de Castela, Leonor de Castela, Sancho de Castilla (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
![](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e2/D._Urraca_de_Castela%2C_Rainha_de_Portugal_-_The_Portuguese_Genealogy_%28Genealogia_dos_Reis_de_Portugal%29.png/220px-D._Urraca_de_Castela%2C_Rainha_de_Portugal_-_The_Portuguese_Genealogy_%28Genealogia_dos_Reis_de_Portugal%29.png)
Urraca de Castela, nada en 1186[1] e finada en Coímbra o 30 de novembro de 1220 foi infanta de Castela e, dende 1211 até a súa morte, raíña consorte polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal, era filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Foi nai dos reis de Portugal Sancho II e Afonso III.
Orixes familiares[editar | editar a fonte]
Filla do rei Afonso VIII e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet, os seus avós paternos foron Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Pamplona e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a raíña Leonor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela de Castela, nai de Fernando III o Santo, rei de Castela e León.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en 1186 e aparece por primeira vez na documentación o 28 de maio de 1187, no que o seu pai realizaba unha doazón ao mosteiro de las Huelgas de Burgos, que el fundara.
Contraeu esponsais en 1205 co infante Afonso de Portugal, fillo do rei Sancho I de Portugal e da súa esposa, a raíña Doce de Aragón e dous anos despois, en 1208, celebrouse o matrimonio. Despois da defunción do seu pai en 1212, o infante herdou o trono e reinou co nome de Afonso II de Portugal.
A raíña Urraca faleceu o 2 de novembro de 1220 na cidade de Coímbra, na que outorgara testamento o día 14 de xuño de 1214, e foi sepultada xunto ao seu esposo, o rei Afonso II de Portugal, no Mosteiro de Alcobaça.
Voda e descendencia[editar | editar a fonte]
Froito do seu matrimonio co rei Afonso II de Portugal naceron os seguintes fillos:
- Sancho (1209/1210-1248), rei de Portugal co nome de Sancho II de Portugal.
- Afonso, conde de Boulogne, sucedeu ao seu irmán Sancho co nome de Afonso III.
- Leonor de Portugal (1211-1231), casada co rei Valdemar III de Dinamarca;
- Fernando de Portugal (1218-1246), señor de Serpa;
- Vicente (1219).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Martínez Díez 2007, p. 48.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urraca de Castela ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Arco y Garay, Ricardo (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237.
- Martínez Díez, Gonzalo (2007). Alfonso VIII, rey de Castilla y Toledo (1158-1214). Gijón: Ediciones Trea. ISBN 978-84-9704-327-4.
- Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7.