Manne Siegbahn
Nome orixinal | (sv) Karl Siegbahn |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Karl Manne Georg Siegbahn 3 de decembro de 1886 Örebro Nikolai parish, Suecia (en) |
Morte | 24 de setembro de 1978 (91 anos) Engelbrekt church parish, Suecia (en) |
Lugar de sepultura | Engelbrektskyrkans kolumbarium (en) , columbarium |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Educación | Universidade de Lund Norra Real (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Uppsala (1922–) Universidade de Lund |
Membro de | |
Lingua | Lingua sueca |
Participou en | |
1921 | 3rd Solvay Conference on Physics (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Hannes Alfvén |
Familia | |
Cónxuxe | Karin Högbom (1914–) |
Fillos | Kai Siegbahn, Bo Siegbahn (en) |
Premios
| |
Karl Manne Georg Siegbahn, nado en Örebro o 3 de decembro de 1886 e finado en Estocolmo o 26 de setembro de 1978, foi un físico sueco que recibiu en 1924 o Premio Nobel de Física.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Karl Manne Siegbahn foi nomeado doutor en 1911 na Universidade de Lund. O título da súa tese foi Magnetische Feldmessungen (Medidas do campo magnético). Foi premiado coa medalla Hughes en 1934 e coa medalla Rumford en 1940.
Casou con Karin Högbom en 1914 e tiveron dous fillos: Bo Siegbahn (diplomado, nado en 1915) e Kai M. Siegbahn (físico, nado en 1918). Este último tamén recibiu o Premio Nobel de física en 1981.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
As súas investigacións científicas céntranse no ámbito da espectroscopia mediante raios X, razón pola que foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1924.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Na súa honra bautizouse ao asteroide (10446) Siegbahn descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.