Saltar ao contido

Avenida de Castrelos (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de xullo de 2024 ás 11:50 por Jockerouac (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Enuso}} A '''avenida de Castrelos''' é unha vía urbana e semiurbana de Vigo. É unha das principales avenidas da cidade, e constitúe unha das vías radiais que parten da praza América e continúase até a parroquia de Valadares, onde se fusiona coa estrada homónima. Durante o seu percorrido atravesa máis de dúas ducias de rúas, estradas, avenidas e camiños, xa que comeza sendo unha vía urbana e remate sendo unha vía semiurbana. Entr...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A avenida de Castrelos é unha vía urbana e semiurbana de Vigo. É unha das principales avenidas da cidade, e constitúe unha das vías radiais que parten da praza América e continúase até a parroquia de Valadares, onde se fusiona coa estrada homónima. Durante o seu percorrido atravesa máis de dúas ducias de rúas, estradas, avenidas e camiños, xa que comeza sendo unha vía urbana e remate sendo unha vía semiurbana. Entre as rúas que converxe, destacan a avenida de Antonio Palacios, a rúa alcalde Portanet ou a estrada de Clara Campoamor. Desde a construción do novo hospital Álvaro Cunqueiro, constitúa unha das principais vías de acceso a el.

Nas inmediacións da avenida atópase o parque de Castrelos, un dos principais espazos verdes da cidade, na que se atopan xardíns, un auditorio ao aire libre, o museo Quiñones de León e mesmo outros espazos verdes.

No inicio da avenida de Castrelos sitúanse tamén o pavillón das Travesas ou o IES Santa Irene.

No seu tramo intermedio, coincidindo co parque de Castrelos, o río Lagares atravesa a rúa de xeito subterráneo a través dun soterramento realizado nos anos 70 do século XX. Antes desta data, o río atravesaba a zona pola superficie. Proba diso é a existencia dunha ponte romana a carón da avenida, xusto en fronte do parque.

Tamén se atopa anexo á avenida de Castrelos o cemiterio de Pereiró.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas